Aloxamento

En Lorca Institute consideramos que o teu aloxamento é unha parte importantísima da túa estadía en Compostela. Faremos todo o posible para asegurarnos de que o teu aloxamento sexa do máis alto nivel e cumpra coas lexislacións galega e española.

Aloxamento

Ofrecemos unha variada oferta dependendo dos teus gustos e orzamento. Todos os aloxamentos teñen sido elexidos e inspeccionados coidadosamente polo noso persoal. Moitos dos nosos aloxamentos atópanse preto da escola. Cando non é así (a máis de 20 minutos a pé), faremos todo o posible por aloxar aos estudantes preto de rutas de transporte directas, por exemplo autobuses que paren nas proximidades da escola. Santiado de Compostela non é unha cidade grande e poderás ir a todas partes a pé.

Queremos que os nosos estudantes estean felices e agardamos que lles guste o aloxamento escollido para eles. Os nosos responsables de inscricións encargados do aloxamento están dispoñibles durante o día para atender ás necesidades que os estudantes poidan ter. A todos os estudantes (e familias de acollida) se lles proporcionarán números de emerxencia para que poidan contactar coa escola ou coas familias en calquera momento. En caso de que un estudante cancele o aloxamento, cobrarase unha taxa administrativa (ver termos e condicións).

Estadía fogar

Unha moi boa opción para vivir Compostela e unha oportunidade fantástica de mellorar o teu español.

Escollidos coidadosamente e inspeccionados periodicamente. Terás unha habitación individual (as dobres só están dispoñibles para persoas que veñan xuntas). Podes escoller só almorzo, media pensión (almorzo e xantar ou cea) ou pensión completa (almorzo, xantar e cea). Inclúe servizo de lavandaría.

Piso compartido

Para aquelas persoas que prefiren máis independencia e ás que lles gustaría cociñar para elas mesmas, unha alternativa aos fogares familiares son os pisos compartidos.

Localizados preto da escola. Aproximadamente a menos de 20 minutos a pé. Habitación con dereito a cociña. Normalmente haberá outros compañeiros no piso.

Hotel

Temos acordos especiais con varios hoteis da cidade. Tarifas especiais para todos os petos.

Especialmente recomendable para cursos de corta duración (1 ou 2 semanas), podemos xestionar a túa estadía nun hotel do centro da cidade. Por favor, contacta connosco para pedir o listado de hoteis recomendados.

Lorca Institute

Lorca Institute, S.C. (CIF J70478193)
Hórreo 33, Ent. Izda.
15703 Santiago de Compostela
Galicia (España)
Tel./Fax: (+34) 881 819 427