Curso de Francés

Profesorado nativo, clases individuais ou en grupo. Francés para negocios ou para turismo, francés para estudantes Erasmus, etc. Preparación de exames universitarios, probas oficiais (DELF, DALF e TCF), Escola Oficial de Idiomas.

Tarifa: 70€/mes (mais 25€ en concepto de matrícula o primeiro mes)

Proba de nivel gratuíta

Dúas horas de clase á semana

Material de clase

Horas de preparación a exames

Proba de nivel

Primeiro facemos unha proba de nivel, totalmente gratuíta e sen ningún tipo de compromiso, para poder ampliar a información ao alumnado e determinar o grupo no que avanzaría máis rápido. Consiste simplemente nunha entrevista persoal, nunha proba léxico-gramatical, e nunha proba de expresión escrita. Logo, segundo o resultado, da súa dispoñibilidade horaria e dos seus obxectivos, propoñemos os grupos que mellor se adapten ao alumnado.

 

Duración

Os cursos habituais son de dúas horas á semana, pero, se o profesorado o considera necesario, pode recomendar asistir a máis horas de clase en grupo ou combinar o curso con horas individuais coa finalidade de acadar os obxectivos con total seguridade. Os grupos teñen un máximo de 5 alumnos por clase. É a única maneira de que todos os alumnos do grupo participen e interactúen para aproveitar as clases.

 

Material

Todo o material necesario é entregado ben por correo electrónico antes da clase ou ben ao principio da clase. O alumnado está no centro da aprendizaxe e inmerso en situacións reais nas que poderá aplicar todo o visto na aula. Con este modelo didáctico preténdese capacitar ao estudante para unha comunicación real –oral e escrita- con outros falantes do idioma. Para iso empréganse a miúdo textos, audios e materiais auténticos e realízanse actividades que procuran imitar a realidade.

 

 

Exames

Sabemos que os exames son importantes pero non queremos que as clases se enfoquen unicamente cara a preparación das probas. Consideramos que é máis importante aprender realmente o idioma para logo superar os exames con éxito. Por iso, para completar o curso xeral, ofrecémosvos vir ao centro dúas horas á semana para a preparación exclusiva a exames, previo aviso ao profesorado. Esas horas adicionais son totalmente gratuítas.

 

 

Horarios

Existen grupos de todos os niveis de A1 a C2 en horario de mañá e de tarde. Para máis información, contacta connosco.

EXAMES QUE PREPARAMOS

EXAMES QUE PREPARAMOS SEN SER CENTRO EXAMINADOR OFICIAL

Escola Oficial de Idiomas (EOI)

Os exames da EOI son uns exames esixentes e que requiren unha rigorosa preparación. Constan de catro partes: comprensión escrita, comprensión oral, produción escrita e produción oral. Examinan desde o nivel A2 ata o nivel  C1. Un pódese presentar como candidato libre (única convocatoria en xuño) ou como alumnado da EOI (convocatoria de xuño e posible recuperación en setembro).

 

Son os únicos exames que dan puntos para as oposicións para o corpo de profesorado de primaria e de secundaria en case todas as convocatorias.

 

Preparamos ao alumnado que se presentan como candidatos libres ou como reforzo ás clases da EOI ordinarias.

 

Probas do  B1 do Centro de  Linguas Modernas ( CLM)

 

As probas do  B1 do  CLM divídense en dous partes  B1-A (que permite acceder ao programa ERASMUS) e o  B1- B. O feito de superar ambas as partes permite acreditar o nivel  B1 para a obtención do título académico, así como o acceso a algúns Másteres; pero non ten máis validez fóra do ámbito universitario. (O alumnado que realizase a estancia ERASMUS nun país de fala francesa non necesitará presentarse ao  B1- B de francés para poder acreditar o nivel  B1).

 

A parte  B1-A consiste nunha proba de comprensión escrita, de comprensión oral, de produción escrita e un test de gramática e de vocabulario.

Se o alumnado aproba esta parte, ten dereito a presentarse á proba  B1- B.

 

A parte  B1- B é unha proba de interacción oral e produción escrita.

 

O calendario de matrículas e de datas de exames estará proximamente dispoñible nos taboleiros de anuncios nas instalacións do centro.

 

DELF/ DALF

 

Os exames do  DELF/ DALF son os exames máis recoñecidos do Ministerio de Educación Nacional de Francia.

 

Do nivel A1 a  C1, teñen toda a mesma estrutura: unha comprensión escrita, unha comprensión oral, unha produción escrita e unha produción oral. Normalmente a produción oral faise un día diferente do resto do exame. Pódese coller cita previa.

 

Para aprobar hai que sacar un 50/100 e o exame non caduca.