Lorca Institute proponse ofrecer unha ensinanza innovadora das linguas estranxeiras cos enfoques comunicativos máis avanzados, poñendo ao alumnado sempre no centro da aprendizaxe e inmerso en situacións reais nas que poder aplicar todo o visto na aula. Con este modelo didáctico preténdese capacitar ao estudante para unha comunicación real –oral e escrita- con outros falantes da lingua.
Ao chegar á escola, o primeiro que facemos é unha proba de nivel (gratuíta e sen compromiso) para avaliar o nivel de partida. Segundo este resultado, e en función dos seus obxectivos e dispoñibilidade horaria, indicamos o grupo ou grupos que mellor se adapten ao estudante.
En Lorca Institute non nos gusta que nas aulas se “fagan exames”. Queremos que se aproveite para falar e interactuar cos compañeiros e a profesora. Por iso ofrecemos a posibilidade de vir á escola unha vez á semana para preparar modelos de exames que despois se entregarán corrixidos nas clases normais por parte do profesorado e así garantir o aprobado. Estas horas adicionais de preparación a exame son totalmente gratuítas.
O noso equipo está integrado por persoal docente cunha alta cualificación en todos os casos, tratándose ademais, en moitos casos, de profesorado nativo.
O noso centro base está situado na Rúa Hórreo onde impartiremos os 8 idiomas: inglés, portugués, francés, alemán, galego, italiano, chinés e español, e tamén o centro na Rúa Camelias que moitas das súas aulas estarán preparadas para nenos a partir de 4 anos.