Cursos a empresas

Clases individuais ou en grupo, para os negocios ou para o turismo.

Cursos de idiomas para empresas

As empresas deben ter, cada vez máis, contacto co estranxeiro. E para garantir un bo servizo é imprescindible desenvolverse correctamente no idioma dos principais clientes e provedores. Nese contexto, ofrecemos cursos de idiomas pensados para ser empregados no eido laboral, especialmente no sector loxístico, da hostalaría e da construción.

As clases poden ser no noso centro ou nas súas instalacións, á hora que mellor se adapte ás súas necesidades.

Como en todos os nosos cursos, primeiro realizamos unha proba para determinar o nivel do grupo. Logo deseñamos os cursos a medida, segundo os obxectivos, para que a aprendizaxe sexa o máis eficiente posible.

Ademais queremos capacitar para unha comunicación real, tanto oral como escrita, pero priorizando a oral. Para iso empregamos a miúdo textos, audios ou xogos e realizamos actividades que procuran imitar a realidade laboral.

Para o alumnado que escolle inglés, propoñemos presentarse ás probas do OXFORD Test of English, exame especialmente pensado para o eido laboral que mide o nivel do candidato.