Primeiro facemos unha proba de nivel, totalmente gratuíta e sen ningún tipo de compromiso, para poder ampliar a información ao alumnado e determinar o grupo no que avanzaría máis rápido. Consiste simplemente nunha entrevista persoal, unha proba de gramática e de vocabulario, e unha expresión escrita.
O Marco Común de Referencia Europea recomenda o seguinte número de horas para superar os diferentes niveis:
Con todo, a cantidade de horas pode variar segundo numerosos factores como son a boa disposición do alumnado ao estudo persoal, facilidades, número de alumnos por clase…, de xeito que habitualmente o noso alumnado consigue superar os niveis bastante antes.
Os cursos de español deséñanse para que o alumnado estea en situación de inmersión lingüística e por iso, para un bo aproveitamento da estadía, recomendamos que non sexan de menos de 6 horas á semana no caso de estadías longas ou de 15 horas á semana en estadías curtas. Ademáis, os grupos serán dun máximo de 10 alumnos.
Todo o material do curso é entregado ben por correo electrónico antes da clase ou ben ao principio da clase. O alumno está no centro da aprendizaxe e inmerso en situacións reais nas que poderá aplicar todo o visto na aula. Con este modelo didáctico preténdese capacitar ao estudante para unha comunicación real –oral e escrita- con outros falantes da lingua. Para iso empréganse a miúdo textos, audios e materiais auténticos e realízanse actividades que procuran imitar a realidade. Dacordo co alumno, o profesor pode recomentar a compra dun libro se o considera oportuno.
Existen grupos de todos os niveis de A1 a C2 en horario de mañá e de tarde. Para máis información, contacta connosco.
SIELE é o Servizo Internacional de Avaliación da Lingua Española que certifica o grao de dominio do español a través de medios electrónicos dirixido a estudantes e profesionais dos cinco continentes.
Está promovido polo Instituto Cervantes, a Universidade Nacional Autónoma de México, a Universidade de Salamanca e a Universidade de Bos Aires.
Os Diplomas de Español como Lingua Estranxeira (DELE) son os diplomas oficiais de español que acreditan o grao de competencia no idioma. Estes diplomas son outorgados polo Instituto Cervantes en nome do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España. O Instituto Cervantes é un organismo público español que promove a ensinanza da lingua española e a difusión da cultura de España e Hispanoamérica.
Realízanse en todos os niveis do Marco Común Europeo de Referencia (A1, A2, B1, B2, C1 e C2), están recoñecidos a nivel internacional, e gozan dun gran prestixio non só entre institucións e autoridades educativas públicas e privadas, senón tamén no mundo empresarial.
Estes títulos non caducan e o exame compose de 4 grandes partes: