O noso equipo de profesionais dos idiomas ofrece unha serie de servizos lingüísticos de calidade e a prezos competitivos. Os nosos tradutores e correctores dispoñen de formación superior no eido da tradución, filoloxía ou lingüística e unha experiencia profesional de máis de dous anos. As nosas traducións son claras, precisas e adaptadas á nacionalidade á que se dirixen, evitando así confusións debidas ás diferenzas culturais.
Tamén ofrecemos servizos de interpretación instantánea ou simultánea.
Lorca Institute basea as súas tarifas nas recomendadas pola Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI). Pídanos orzamento á medida do seu proxecto e sen compromiso premendo nesta ligazón
Se precisa que un documento oficial sexa traducido para unha institución pública, ofrecemos un servizo de Traducións Xuradas realizadas por tradutores recoñecidos polo Ministerio de Asuntos Exteriores.
Para máis información sobre traducions xuradas, contáctanos premendo aquí
Idiomas: español, inglés, francés, alemán, galego, portugués, catalán, italiano, árabe, chino, ruso….
Tarifas
Tarifa mínima – 25€
Tradución xeral – 0,09€ por palabra do texto de orixe (árabe, chino e ruso 0,10€)
Tradución especializada – 0,10€ por palabra do texto de orixe (árabe, chino e ruso 0,11€)
Recargo por urxencia – 10% sobre o total
Idiomas: español, inglés, francés, alemán, galego, portugués, catalán, italiano, árabe, ruso, chino….
Tarifas
Tarifa mínima – 25€
Revisión xeral – 0,05€ por palabra do texto de orixe (árabe, chino e ruso 0,06€)
Revisión especializada – 0,06€ por palabra do texto de orixe (árabe, chino e ruso 0,07€)
Recargo por urxencia – 10% sobre o total