Curso de Inglés

Clases individuais ou en grupo. Conversación con profesorado nativo, inglés de negocios ou para o turismo, inglés para estudantes Erasmus, etc. Preparación de exames universitarios, probas oficiais (IELTS, PET, FCE, etc.), Escola Oficial de Idiomas.

Tarifa: 70€/mes (mais 25€ en concepto de matrícula o primeiro mes)

Proba de nivel gratuíta

Dúas horas de clase á semana

Material de clase

Horas de preparación a exames

Proba de nivel

Primeiro facemos unha proba de nivel, totalmente gratuíta e sen ningún tipo de compromiso, para poder ampliar a información do alumno e determinar o grupo no que avanzaría máis rápido. Consiste simplemente nunha entrevista persoal, nunha proba léxico-gramatical, e nunha proba de expresión escrita. Logo, segundo o resultado, da súa dispoñibilidade horaria e dos seus obxectivos, propoñemos os grupos que mellor se adapten ao alumno.

 

 

Duración

Os cursos habituais son de dúas horas á semana, pero, se o profesor o considera necesario, pode recomendar asistir a máis horas de clase en grupo ou combinar o curso con horas individuais coa finalidade de acadar os obxectivos con total seguridade. Os grupos teñen un máximo de 5 alumnos por clase. É a única maneira de que todos os alumnos do grupo participen e interactúen para aproveitar as clases.

 

 

Material

Todo o material necesario é entregado ben por correo electrónico antes da clase ou ben ao principio da clase. O alumno está no centro da aprendizaxe e inmerso en situacións reais nas que poderá aplicar todo o visto na aula. Con este modelo didáctico preténdese capacitar ao estudante para unha comunicación real –oral e escrita- con outros falantes do idioma. Para iso empréganse a miúdo textos, audios e materiais auténticos e realízanse actividades que procuran imitar a realidade.

 

 

Exames

Sabemos que os exames son importantes pero non queremos que as clases se enfoquen unicamente cara á preparación das probas. Consideramos que é máis importante aprender realmente o idioma para logo superar os exames con éxito. Por iso, para completar o curso xeral, ofrecémosvos vir ao centro dúas horas á semana para a preparación exclusiva a exames, previo aviso á profesora. Esas horas adicionais son totalmente gratuítas.

 

 

Horarios

Existen grupos de todos os niveis de A1 a C2 en horario de mañá e de tarde. Para máis información, contacta connosco.

EXAMES PROPIOS

EXAMES DOS QUE SOMOS CENTRO EXAMINADOR OFICIAL

OXFORD Test of English

Exames Oxford Test of English, da Universidade de Oxford, Reino Unido. O OTE é un exame desenvolvido por Oxford University Press e recoñecido por diversas instituciones educativas.

EXAMES QUE PREPARAMOS

EXAMES QUE PREPARAMOS SEN SER CENTRO EXAMINADOR OFICIAL

PET (=B1), FIRST (=B2), CAE (=C1), Proficiency (=C2)

Os coñecidos como exames de Cambridge son os exames máis famosos que propón esta Universidade.
Cada exame divídese en 5 partes: Reading, Speaking, Listening, Writing e Use of English.

Estes exames non caducan, pero algunhas empresas ou institucións poden solicitar un certificado que se teña realizado despois dunha data concreta.

Non hai que aprobar todas as partes para aprobar o exame, as partes compénsanse. Apróbase o exame cunha nota de 60/100. Ademais, a nota detállase da seguinte maneira:

  • Grade C: Un aprobado.
  • Grade B: Un aprobado cun equivalente a un notable.
  • Grade A: Sería equivalente ao nivel superior ao que o candidato se presentou, é decir, se o candidato aproba o PET (B1) con Grade A, é como se sacase un B2. Pero non ten validez a nivel institucional.

 

 

 

 

Escola Oficial de Idiomas (EOI)

Os exames da EOI son uns exames esixentes e que requiren unha rigorosa preparación. Constan de catro partes: comprensión escrita, comprensión oral, produción escrita e produción oral. Examinan dende o nivel A2 ata o C1. Existe a posibilidade de presentarse como candidato libre (única convocatoria en xuño) ou como alumno da EOI (convocatoria de xuño e posible recuperación en setembro).

Son os únicos exames que dan puntos para as oposicións ao corpo de profesorado de primaria e de secundaria en case todas as convocatorias.

Preparamos os alumnos que se presentan como candidatos libres ou como reforzo ás clases da EOI ordinarias.

 

 

 

Probas de B1 do Centro de Linguas Modernas (CLM)

As probas de B1 do CLM divídense en dúas partes: B1-A (que permite acceder ao programa ERASMUS) e B1-B. O feito de superar ambas partes permite acreditar o nivel B1 para a obtención do título académico, así como o acceso a determinados másteres; pero non ten máis validez fóra do eido universitario. (O alumnado que teña realizado unha estadía ERASMUS nun país de fala inglesa non precisará presentarse ao B1-B de inglés para poder acreditar o nivel B1)..

parte B1-A consiste nunha proba de comprensión escrita, de comprensión oral, e nun test de gramática e de vocabulario.
Se o alumno aproba esta parte, ten dereito a presentarse á proba B1-B.

parte B1-B é unha proba de interacción oral.

O calendario de matrículas e datas de exame estará proximamente dispoñible nos taboleiros de anuncios nas instalacións do centro.

 

 

 

APTIS

É unha proba de inglés que se realiza en Santiago no Centro de Linguas Modernas, e que se divide en 5 partes: comprensión escrita, comprensión oral, produción escrita, produción oral e test de gramática. Prema aquí para ver modelos de exame.

Segundo o centro examinador, os resultados enviaranse por correo electrónico en menos de 72 horas despois do exame. Este prazo poderase ver ampliado en función do volume de candidatos e da dispoñibilidade de examinadores.

 

 

 

TOEFL

O TOEFL (Test of English as a Foreign Language) é un exame que avalía o inglés estadounidense. Pódese facer en formato papel ou a través dun ordenador. Divídese en 4 partes: Reading, Listening, Writing, Speaking. Hai unhas cincuenta convocatorias ao ano segundo o centro examinador, e se o candidato non acada a nota desexada, pode repetir o exame todas as veces que queira. Debe deixar pasar un prazo de 12 días entre exame e exame.

O TOEFL outorga unha nota que avalía o nivel do candidato. Esa nota será a que se presente á universidade ou institución onde se teña solicitado admisión. Polo tanto, o “aprobado” ou “suspenso” depende do mínimo de nota que esixa a institución á que queiramos entrar. Ten unha validez de dous anos.

 

 

 

IELTS

O IELTS (International English Language Testing System) é un exame que avalía o nivel de inglés británico segundo uns criterios estándar internacionais e ten catro partes: Listening, Reading, Writing e Speaking.

O IELTS outorga unha nota de 0 a 9 que avalía o nivel do candidato. Esa nota será a que se presente á universidade ou institución onde se teña solicitado admisión. Polo tanto, o “aprobado” ou “suspenso” depende do mínimo de nota que pida a institución á que queiramos entrar.

Os resultados do exame están dispoñibles online 13 días despois da súa realización e son enviados por correo postal en forma de certificado á casa dos examinados, así como a un máximo de 5 institucións académicas que o examinado escolla no momento de rexistrarse para o exame. Cómpre recordar que o certificado de exame de IELTS é válido durante dous anos. Pasado este tempo, caduca a súa validez e non será aceptado por ningunha institución.