Exame CAPLE

Os exames de PLE (Português Língua Estrangeira) do CAPLE-FLUL son recoñecidos a efectos de estudos, carreira académica, emprego, obtención de nacionalidade portuguesa, etc., por diferentes entidades e institucións portuguesas e estranxeiras.

Exame CAPLE

Os exames A1 a C2 poden ser usados para fins educativos, sociais, profesionais ou outros.

O Exame A2 – CIPLE está identificado na lexislación portuguesa en vigor como o nivel mínimo para a adquisición da nacionalidade portuguesa.

O Exame B2 – DIPLE é solicitado polas universidades portuguesas para a finalización de cursos de graduación.

Datas das Épocas de Exame en 2024

Exame

 

DEPLE (B1)

 

DIPLE (B2)

 

DAPLE (C1)

 

Epocas internacionais

 

 15 de Maio / 13 de Novembro

 

14 de Maio / 16 de Xullo / 12 de Novembro

 

18 de Xullo

PRAZOS DE INSCRIPCIÓN

Épocas dispoñibles

As inscricións abriranse o 2 de Xaneiro de 2024

PREZO DOS EXAMES

DEPLE (B1)

DIPLE  (B2)

DAPLE (C1)

100€

121€

137€

A taxa do exame págase con tarxeta ou a través de transferencia bancaria. Despois de cubrir a ficha de inscrición, siga as instrucións sobre o pagamento. A taxa de matrícula non será devolta.

PROCESOS DE INSCRIPCIÓN

Proceso de inscrición

Para inscribirse, debe escoller o exame que pretende realizar nesta páxina https://caple.letras.ulisboa.pt e seguir as instrucións. Feita a inscrición, recibe unha mensaxe electrónica. Siga as instrucións desa mensaxe.

Os candidatos que se inscriban nun exame deben ter coñecemento das Normas para a realização dos exames.

 

RECOMENDAMOS A LECTURA TOTAL DAS NORMAS

  • 1. Os candidatos só poden realizar un Exame de PLE por Época de Exames.
  • 2. Os candidatos deben, no(s) dia(s) do Exame,
  • (i) levar o documento original de identificación usado para facer a inscrición (DNI, Pasaporte ou Título de residencia);
  • (ii) presentarse 20 minutos antes da hora marcada para o inicio do Exame, na aula indicada.

Despois de escoller o LAPE onde vai facer o exame, pode usar os contactos disponibles na páxina para facer preguntas, resolver dúbida ou pedir axuda.

PARTES DOS EXAMES

EXAMEN CAPLE