É un test que avalia a capacidade de cada persoa para desenvolverse nos diversos contextos da vida.
Os resultados non caducan. Se pasou moito tempo desde a certificación obtida, é posible que lle requiran resultados máis actualizados.
Actualmente este exame certifica os niveis máis solicitados: A2, B1 e B2 segundo o Marco Común de Referencia Europeo para as lenguas.
Próximamente estará dispoñible o nivel C1.
O Oxford Test of English é un test 100% online que consta de 4 módulos: expresión oral, comprensión auditiva, expresión escrita e comprensión lectora. Os participantes disporán dun tempo límite para superar as tarefas.
A parte de comprensión lectora e auditiva adáptase ás respostas que o candidato vai dando. Deste xeito, cada test é único e persoal.
Os módulos de expresión oral e escrita son totalmente individualizados. Son probas que foron revisadas e avaliadas por expertos.
Os resultados estarán dispoñibles nun prazo de 14 días. Preséntanse como un informe claro que mostra o nivel da persoa examinada en cada unha das catro competencias e de acordo cos niveis do Marco Común Europeo de Referencia (MCER).
Podes realizar cada un dos módulos por separado ou a proba completa.
O exame completo ten unha duración de 2h.
As datas do exame Oxford Test of English son o 05 de Abril (data límite de matriculación o 20 de Marzo) e o 28 de Xuño (data límite de matriculación o 13 de Xuño).
O exame Oxford Test of English pode realizarse por módulos (cada módulo ten un prezo de 70€) ou o exame completo que ten un prezo de 130€.