30 de Xuño de 2023 (todos os niveis)
Cómpre levar bolígrafo negro ao examen escrito e DNI ou pasaporte.
A data e hora de celebración do exame oral comunicarase ao alumno unha semana antes do exame por correo electrónico. Dita proba pode ser o mesmo día do exame escrito ao final da mañá, pola tarde ou noutra data por determinar.
Na proba oral terán que contactar co centro con Chus Rodríguez, polo menos tres semanas antes da realización das probas.
Dentro do posible, secundaremos as necesidades de cada quen.
Do 27 de marzo ata o 28 de Abril de 2023
Para inscribirse aos exames Goethe deberá enviarnos os seguintes documentos debidamente cubertos. De non seguir as instrucións indicadas, non se asegura a inscrición:
O candidato tamén deberá imprimir o documento de Notificación de data de exame para ter constancia da data, hora e lugar da proba escrita (este documento é para o candidato e non se deberá entregar na secretaría).
O mesmo día no que se faga o ingreso, pero dentro do prazo establecido para a matrícula, debe enviar a Lorca Institute os documentos detallados no primeiro paso.
Unha vez comprobados todos os documentos e o ingreso, recibirá un correo confirmando a recepción da documentación.
Fit in Deutsch 1 (mozos)
Start Deutsch 1 (adultos)
Fit in Deutsch (mozos)
Goethe-Zertifikat A2 (adultos)
Goethe-Zertifikat B1 (mozos)
Goethe-Zertifikat B1 (adultos)
Módulo (mozos / adultos)
Goethe-Zertifikat B2 (mozos)
Goethe-Zertifikat B2 (adultos)
Módulos (mozos / adultos)
Goethe-Zertifikat C1 (adultos)
Goethe-Zertifikat C2: GDS
Módulo
A1
A1
A2
A2
B1
B1
B1
B2
B2
B2
C1
C2
C2
92€
92€
117€
117€
177€
177€
62€
202€
202€
72€
237€
302€
92€
Os exames B1 e B2 son modulares, están compostos por varias partes, que se poden repetir no caso de non seren superadas.
Os resultados do exame adoitan tardar entre 1 e 3 meses en ser publicados, dependendo do nivel e do número de candidatos (este tempo non depende de Lorca Institute). En canto cheguen os resultados, os candidatos serán avisados por correo.
O certificado adoita tardar entre 1 e 2 meses dende a publicación dos resultados (este tempo non depende de Lorca Institute). En canto cheguen os certificados oficiais os candidatos serán avisados por correo. O certificado oficial non ten data de caducidade.
Para inscribirse ao exame non cómpre ser alumno de Lorca Institute.