Campamento Eco-Friendly Christmas

Este Nadal nas magníficas instalacións do Colexio Maior San Agustín e do Colexio San Francisco Javier. A diversión e a aprendizaxe están garantidos!!! Weekly Christmas Camp é un campamento semanal para nenos e adolescentes 100% en inglés.

 

 

Unha infinidade de actividades relacionadas co Nadal e o medioambiente que completamos con deportes e xogos tradicionais. Ademais temos a vantaxe de contar co parque de Belvís que nos permite estar en contacto coa natureza, e amplas zonas de recreo.

VER PROGRAMA DO CAMPAMENTO

Datas:

Do 26 ao 29 de Decembro e do

2 ao 5 de Xaneiro

2 semanas – 8 días

 

Horario:

de 9:00 a 14:00

Descontos especiais:

Desconto para alumnos de Jesuitas e Lorca Institute: 10 %

Desconto 1º irmán: 10%

Desconto 2º irmán: 15%

Inscripción:

Do 6 de Novembro ata o 15 de Decembro

Datos

Poderás cubrir a folla de inscrición por email ou solicitala en papel na academia Lorca Institute e facer o abono correspondente ás semanas que desexas contratar.

O pago pode facerse a través de transferencia bancaria indicando o concepto: NADAL 2023 + NOME DO ALUMNO + Nº DE SEMANAS

Ao número de conta: ES76 0081 0499 6100 0208 9410 (Lorca Institute – Banco Sabadell)

Ou en efectivo nas oficinas da academia na rúa do Hórreo, 33 Entreplanta Esquerda. (Excepto no caso de solicitar o Bono Coidado que é obrigatorio que se faga o pago por transferencia bancaria). Unha vez entregada a folla de inscrición cuberta e o xustificante de pago a praza quedará reservada.