Campamento Eco-Friendly Christmas

Este Nadal nas magníficas instalacións do Colexio Maior San Agustín e do Colexio San Francisco Javier. A diversión e a aprendizaxe están garantidos!!! Weekly Christmas Camp é un campamento semanal para nenos e adolescentes 100% en inglés.

 

 

Unha infinidade de actividades relacionadas co Nadal e o medioambiente que completamos con deportes e xogos tradicionais. Ademais temos a vantaxe de contar co parque de Belvís que nos permite estar en contacto coa natureza, e amplas zonas de recreo.

Datas:

Do 26 ao 29 de Decembro e do

2 ao 5 de Xaneiro

2 semanas – 8 días

 

Horario:

de 9:00 a 14:00

Descontos especiais:

Desconto para alumnos de Jesuitas e Lorca Institute: 10 %

Desconto 1º irmán: 10%

Desconto 2º irmán: 15%

Inscripción:

Do 6 de Novembro ata o 15 de Decembro

Información para pais de alumnos:

Sabemos que a elección do campamento de Nadal máis adecuado para o teu fillo pode resultar complicada. Queremos poñerche as cousas fáciles: neste documento poderás ver toda a información importante para que decidas canto antes e deixes a mente libre para atender outras responsabilidades.

 

 

Lugar, datas e límite de inscrición:

O campamento de Nadal terá lugar do 26 ao 29 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro en Santiago de Compostela:

 

Nas instalacións do Colexio Maior San Agustín – Rúa de Santo Agostiño, 2

e tamén nas instalacións do Colexio San Francisco Javier – Rúa da Virxe da Cerca, 31

Se o clima o permite desenvolveremos parte das actividades ao aire libre no Parque de Belvís.

 

As datas de inscrición son do 6 de novembro ata o 15 de decembro ás 23:59h salvo que as prazas se cubran antes desa data. Os grupos son reducidos para asegurar a mellor atención a cada alumno polo que as prazas son      moi limitadas.

Teremos 2 semanas de campamento:

 

Do 26 ao 29 de decembro e

Do 2 ao 5 de xaneiro

 

Tabla de prezos por semanas:

1 semana 105€

2 semanas 190€

 

Horarios:

As actividades realizaranse entre as 9:00h e as 14:00h

 

Descontos especiais:

Desconto para alumnos de Jesuitas e Lorca Institute: 10%

Desconto 1º irmán: 10%

Desconto 2º irmán: 15%

 

Axuda Bono Coidado Xunta de Galicia:

Cada ano saen axudas da Xunta de Galicia para a conciliación das familias que, por motivos laborais, non poidan facerse cargo do coidado dos menos de 13 anos e desexen contratar un campamento.

Se precisas máis información envíanos un email a info@lorcainstitute.com

Como facer a inscrición:

Poderás cubrir a folla de inscrición por email ou solicitala en papel na academia Lorca Institute e facer o abono correspondente ás semanas que desexas contratar.

O pago pode facerse a través de transferencia bancaria indicando o concepto: NADAL 2023 + NOME DO ALUMNO + Nº DE SEMANAS

Ao número de conta: ES76 0081 0499 6100 0208 9410 (Lorca Institute – Banco Sabadell)

Ou en efectivo nas oficinas da academia na rúa do Hórreo, 33 Entreplanta Esquerda. (Excepto no caso de solicitar o Bono Coidado que é obrigatorio que se faga o pago por transferencia bancaria). Unha vez entregada a folla de inscrición cuberta e o xustificante de pago a praza quedará reservada.