Exame OXFORD

Exames Oxford Test of English, da Universidade de Oxford, Reino Unido. O OTE é un exame desenvolvido por Oxford University Press e recoñecido por diversas institucións educativas.

Que é o Oxford Test of English?

É un test que avalia a capacidade de cada persoa para desenvolverse nos diversos contextos da vida.

Os resultados non caducan. Se pasou moito tempo desde a certificación obtida, é posible que lle requiran resultados máis actualizados.

 

 

Que niveis certifica o Oxford Test of English?

Actualmente este exame certifica os niveis máis solicitados: A2, B1 e B2 segundo o Marco Común de Referencia Europeo para as lenguas.

Próximamente estará dispoñible o nivel C1.

 

 

Como é o Oxford Test of English?

O Oxford Test of English é un test 100% online que consta de 4 módulos: expresión oral, comprensión auditiva, expresión escrita e comprensión lectora. Os participantes disporán dun tempo límite para superar as tarefas.

A parte de comprensión lectora e auditiva adáptase ás respostas que o candidato vai dando. Deste xeito, cada test é único e persoal.

Os módulos de expresión oral e escrita son totalmente individualizados. Son probas que foron revisadas e avaliadas por expertos.

Os resultados estarán dispoñibles nun prazo de 14 días. Preséntanse como un informe claro que mostra o nivel da persoa examinada en cada unha das catro competencias e de acordo cos niveis do Marco Común Europeo de Referencia (MCER).

Podes realizar cada un dos módulos por separado ou a proba completa.

O exame completo ten unha duración de 2h.

MÓDULOS

EXAME OXFORD TEST OF ENGLISH

Expresión oral (Speaking)

  • Este módulo consta de 4 partes e ten unha duración aproximada de 15 minutos.
  • No mesmo módulo poderá participar nunha simulación de entrevista, gravar mensaxes de voz e responder cuestións de comprobación.
  • Terá que responder de maneira correcta ás preguntas, dar información real, organizar un amplo discurso e ser capaz de describir, comparar, contrastar, suxerir e especular.

 

 

 

Comprensión auditiva (Listening)

  • O material utilizado para esta parte de listening, foi adaptado partindo de fontes reais.
  • Consta de 4 apartados e pode completarse en 30 minutos aproximadamente.
  • Todas as partes simulan conversacións empregadas en contextos anglófonos actuais.
  • Neste exame ponse a proba a comprensión do significado principal, local e global.
  • Avalíase a identificación de detalles, de opinións e de actitudes.
  • Ademais do entendimento de significados deducidos, pragmáticos e fruto da interacción.

 

 

 

Comprensión lectora (Reading)

  • Este módulo utiliza textos de menor ou maior extensión e complexidade. Está formado por 4 probas que duran máis ou menos 30 minutos.
  • Por un lado, é avaliada unha lectura rápida para buscar información, e por outro lado, unha lectura que supón unha maior atención.
  • É importante valorar se o candidato é capaz de captar o significado concreto e global do que está lendo e tamén o seu potencial para deducir conceptos menos evidentes.
  • Da proba de lectura, o participante deberá extraer a actitude, a opinión e o propósito do escritor con ese texto.
  • E ser capaz de comprender as referencias e o significado segundo o contexto.

 

 

 

Expresión escrita (Writing)

  • Neste apartado, os candidatos poderán demostrar o seu dominio da gramática e do vocabulario, así como a súa capacidade para organizar e sintetizar textos.
  • Consta de dúas partes e dura uns 45 minutos aproximadamente. Na segunda, os examinados poden escoller a tarefa que mellor se adapte.
  • Neste módulo os participantes deben ser capaces de dar información, narrar, describir e expresar opinións e sentimientos.
  • Deben poder facer suxestións, convites e peticións. E tamén, desenvolver argumentos e persuadir.

 

 

 

 

Cando son as datas e canto custa?

As datas do exame Oxford Test of English serán o 29 de Outubro (data límite de matrículación o 14 de outubro), o 26 de Novembro (data  límite de matrículación o 11 de Novembro) e o 17 de Decembro (data límite de matriculación o 1 de Decembro).

O exame Oxford Test of English pode realizarse por módulos (cada módulo ten un prezo de 70€) ou o exame completo que ten un prezo de 120€.