Exame Goethe Institut

O Goethe-Institut é a institución por excelencia que se ocupa da promoción internacional da lingua e a cultura alemás. Os certificados que outorgan son recoñecidos e valorados por empresas e institucións académicas de todo o mundo. Os exames do Goethe-Institut están deseñados para demostrar os coñecementos en alemán como segunda lingua e/ou como lingua estranxeira.

Datas dos exames

  • 6 de febreiro de 2021 (todos os niveis)
  • xuño de 2021 (C1 e C2; A1 ata B2 para mozos)

Cómpre levar bolígrafo negro ao examen escrito e DNI ou pasaporte.

 

 

 

Datas dos exames orais

A data e hora de celebración do exame oral comunicarase ao alumno unha semana antes do exame por correo electrónico. Dita proba pode ser o mesmo día do exame escrito ao final da mañá, pola tarde ou noutra data por determinar.

Na proba oral terán que contactar co centro con Chus Rodríguez, polo menos tres semanas antes da realización das probas.

Dentro do posible, secundaremos as necesidades de cada quen.

Prazos de matrícula

 

Convocatoria de xuño
Dende o 25 de marzo ata o 24 de abril de 2021.

Convocatoria de febreiro
Matrícula finalizada.

PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA

PASOS CONCRETOS A SEGUIR

Primeiro paso

Para inscribirse aos exames Goethe deberá enviarnos os seguintes documentos debidamente cubertos. De non seguir as instrucións indicadas, non se asegura a inscrición:

  • Impresos de inscrición (solicitude de inscrición, autorización de transferencia de datos). Deberán estar cubertos e asinados.
  • Copia do DNI.
  • Copia do xustificante da transferencia bancaria do ingreso das taxas correspondentes (detallar no concepto: DNI + Apelidos e nome + Goethe + nivel. BANCO: Sabadell : ES76 0081 0499 6100 0208 9410 SWIFT/BIC BSABESBBXXX)
  • Autorización para presentar/recoller documentación e copia do DNI da persoa autorizada (só no caso de que non o presente/envíe a persoa interesada).

O candidato tamén deberá imprimir o documento de Notificación de data de exame para ter constancia da data, hora e lugar da proba escrita (este documento é para o candidato e non se deberá entregar na secretaría).

 

 

 

Segundo paso

O mesmo día no que se faga o ingreso, pero dentro do prazo establecido para a matrícula, debe enviar a Lorca Institute os documentos detallados no primeiro paso.

 

 

 

Terceiro paso

Unha vez comprobados todos os documentos e o ingreso, recibirá un correo confirmando a recepción da documentación.

EXAME

 

Fit in Deutsch 1 (mozos)

Start Deutsch 1 (adultos)

Fit in Deutsch (mozos)

Goethe-Zertifikat A2 (adultos)

Goethe-Zertifikat B1 (mozos)

Goethe-Zertifikat B1 (adultos)

Módulo (mozos / adultos)

Goethe-Zertifikat B2 (mozos)

Goethe-Zertifikat B2 (adultos)

Módulos (mozos / adultos)

Goethe-Zertifikat C1 (adultos)

NIVEL

 

A1

A1

A2

A2

B1

B1

B1

B2

B2

B2

C1

PREZO EXTERNO

 

80€

80€

105€

105€

160€

160€

50€

190€

190€

60€

220€

INFORMACIÓNS IMPORTANTES

CUESTIÓNS A TER EN CONTA

Resultados

Os resultados do exame adoitan tardar entre 1 e 3 meses en ser publicados, dependendo do nivel e do número de candidatos (este tempo non depende de Lorca Institute). En canto cheguen os resultados, os candidatos serán avisados por correo.

 

Certificado

O certificado adoita tardar entre 1 e 2 meses dende a publicación dos resultados (este tempo non depende de Lorca Institute). En canto cheguen os certificados oficiais os candidatos serán avisados por correo. O certificado oficial non ten data de caducidade.

 

Inscrición

Para inscribirse ao exame non cómpre ser alumno de Lorca Institute.