Exame CILS

CILS é un título outorgado pola Universidade de Siena que certifica o nivel de competencia lingüístico-comunicativa en italiano como lingua estranxeira, despois dun exame baseado nun test sobre as habilidades comunicativas.

Datas dos exames escritos

  • 10 de xuño de 2021 ás 9:00 (B1, B2 e C1)
  • 2 de decembro de 2021 ás 9:00(B1, B2 e C1)

Cómpre levar bolígrafo negro ao examen escrito e DNI ou pasaporte.

 

 

 

Datas dos exames orais

A data e hora de celebración do exame oral comunicarase ao alumno unha semana antes do exame por correo electrónico. Dita proba pode ser o mesmo día do exame escrito ao final da mañá, pola tarde ou noutra data por determinar.

Na proba oral terán que contactar co centro con Chus Rodríguez, polo menos tres semanas antes da realización das probas.

Dentro do posible, secundaremos as necesidades de cada quen.

Prazos de matrícula

 

Convocatoria de xuño
Dende o 4 de marzo ata o 24 de abril de 2021.

Convocatoria de decembro
Dende o 3 de setembro ata o 21 de outubro de 2021.

Procedemento de matrícula

PASOS CONCRETOS A SEGUIR

Primeiro paso

Para inscribirse aos exames CILS deberá enviarnos os seguintes documentos debidamente cubertos. De non seguir as instrucións indicadas, non se asegura a inscrición:

  • Impresos de inscrición (solicitude de inscrición, autorización de transferencia de datos). Deberán estar cubertos e asinados.
  • Copia do DNI.
  • Copia do xustificante da transferencia bancaria do ingreso das taxas correspondentes (detallar no concepto: DNI + Apelidos e nome + CILS + nivel. BANCO: Sabadell : ES76 0081 0499 6100 0208 9410 SWIFT/BIC BSABESBBXXX)
  • Autorización para presentar/recoller documentación e copia do DNI da persoa autorizada (só no caso de que non o presente/envíe a persoa interesada).

O candidato tamén deberá imprimir o documento de Notificación de data de exame para ter constancia da data, hora e lugar da proba escrita (este documento é para o candidato e non se deberá entregar na secretaría).

 

 

 

 

 

Segundo paso

O mesmo día no que se faga o ingreso, pero dentro do prazo establecido para a matrícula, debe enviar a Lorca Institute os documentos detallados no primeiro paso.

 

 

 

 

Terceiro paso

Unha vez comprobados todos os documentos e o ingreso, recibirá un correo confirmando a recepción da documentación.

TARIFAS

EXAME

PRIMEIRA CONVOCATORIA

POSIBILIDADE DE REPETIR SÓ AS PARTES NON SUPERADAS

UNO B1

DUE B2

TRE C1

QUATTRO C2

115,00€

125,00€

155,25€

170,00€

28,75€

30,00€

40,25€

42,50€

INFORMACIÓNS IMPORTANTES

CUESTIÓNS A TER EN CONTA

Resultados

Os resultados do exame adoitan tardar entre 1 e 3 meses en ser publicados, dependendo do nivel e do número de candidatos (este tempo non depende de Lorca Institute). En canto cheguen os resultados, os candidatos serán avisados por correo.

 

 

 

Certificado

O certificado adoita tardar entre 1 e 2 meses dende a publicación dos resultados (este tempo non depende de Lorca Institute). En canto cheguen os certificados oficiais os candidatos serán avisados por correo. O certificado oficial non ten data de caducidade.

 

 

Inscrición

Para inscribirse ao exame non cómpre ser alumno de Lorca Institute. Prazas limitadas a 10 alumnos por nivel.