Curso de Alemán

Clases individuais ou en grupo, alemán para negocios ou para turismo, alemán para estudantes Erasmus, etc. Preparación de exames universitarios, probas oficiais (Zertifikat Deutsch, etc.), Escola Oficial de Idiomas.

Tarifa: 60€/mes

Proba de nivel gratuíta

Dúas horas de clase á semana

Material de clase

Horas de preparación a exames

Proba de nivel

Primeiro facemos unha proba de nivel, totalmente gratuíta e sen ningún tipo de compromiso, para poder ampliar a información ao alumnado e determinar o grupo no que avanzaría máis rápido. Consiste simplemente nunha entrevista persoal, nunha proba léxico-gramatical, e nunha proba de expresión escrita. Logo, segundo o resultado, da súa dispoñibilidade horaria e dos seus obxectivos, propoñemos os grupos que mellor se adapten ao alumnado.

 

 

Duración

Os cursos habituais son de dúas horas á semana, pero, se o profesorado o considera necesario, pode recomendar asistir a máis horas de clase en grupo ou combinar o curso con horas individuais coa finalidade de acadar os obxectivos con total seguridade. Os grupos teñen un máximo de 5 alumnos por clase. É a única maneira de que todos o alumnado do grupo participen e interactúen para aproveitar as clases.

 

 

Material

Todo o material necesario é entregado ben por correo electrónico antes da clase ou ben ao principio da clase. O alumnado está no centro da aprendizaxe e inmerso en situacións reais nas que poderá aplicar todo o visto na aula. Con este modelo didáctico preténdese capacitar ao estudante para unha comunicación real –oral e escrita- con outros falantes do idioma. Para iso empréganse a miúdo textos, audios e materiais auténticos e realízanse actividades que procuran imitar a realidade.

 

 

Exames

Sabemos que os exames son importantes pero non queremos que as clases se enfoquen unicamente cara a preparación das probas. Consideramos que é máis importante aprender realmente o idioma para logo superar os exames con éxito. Por iso, para completar o curso xeral, ofrecémosvos vir ao centro dúas horas á semana para a preparación exclusiva de exames, previo aviso ai profesorado. Esas horas adicionais son totalmente gratuítas.

 

 

Horarios

Existen grupos de todos os niveis de A1 a C2 en horario de mañá e de tarde. Para máis información, contacta connosco.

EXAMES PROPIOS

EXAMES DOS QUE SOMOS CENTRO EXAMINADOR OFICIAL

Exámenes Goethe Institut

É xenial poder entender e falar alemán. E aínda é mellor podelo acreditar cun certificado recoñecido internacionalmente. Os certificados de exame do Goethe- Institut recoñécense internacionalmente como proba de cualificación. Moitas veces non é suficiente ter un certificado de asistencia dun curso de idiomas, así que matricúlate para un exame do Goethe-Institut.

EXAMES QUE PREPARAMOS

EXAMES QUE PREPARAMOS SEN SER CENTRO EXAMINADOR OFICIAL

Escola Oficial de Idiomas (EOI)

Os exames da EOI son uns exames esixentes e que requiren unha rigorosa preparación. Constan de catro partes: comprensión escrita, comprensión oral, produción escrita e produción oral. Examinan dende o nivel A2 ata o nivel C1. Existe a posibilidade de presentarse como candidato libre (única convocatoria en xuño) ou como alumno da EOI (convocatoria de xuño e posible recuperación en setembro).

Son os únicos exames que dan puntos para as oposicións ao corpo de profesorado de primaria e de secundaria en case todas as convocatorias.

Preparamos os alumnos que se presentan como candidatos libres ou como reforzo ás clases da EOI ordinarias.

 

Probas do B1 do Centro de Linguas Modernas (CLM)

As probas do B1 do CLM divídense en dúas partes: B1-A (que permite acceder ao programa ERASMUS) e B1-B. O feito de superar ambas partes permite acreditar o nivel B1 para a obtención do título académico, así como o acceso a determinados Másteres; pero non ten validez fóra do eido universitario.

 

 

parte B1-A consiste nunha proba de comprensión escrita, de comprensión oral, de produción escrita e un test de gramática e de vocabulario.
Se o alumno aproba esta parte, ten dereito a presentarse á proba B1-B.

 

 

parte B1-B é unha proba de interacción oral.

O calendario para presentarse estará proximamente dispoñible nos taboleiros nas instalacións do noso centro.